Gary Oldman entra na secuela dos símios

0
219

O veterán actor Gary Oldman é a nova incorporación ao reparto da vindeira película de Matt Reeves, a secuela dos símios Dawn of the Planet of the Apes na 20th Century Fox.

Ambientada 15 anos despois dos acontecementos de Rise of the Planet of the Apes, a nova entrega presenta á maioría da humanidade desaparecida e cos símios intelixentes governando o mundo. Un pequeno grupo de científicos en San Francisco resiste ainda o poder dos animais.

Oldman interpreta ao líder da colónia humana, un tipo diplomático cun pasado coma militar e antigo comisário de policía. Unirá-se a un reparto no que xa figuran Andy Serkis, Jason Clarke e Kodi Smit-McPhee.

Mark Bomback escribiu o guión deste filme, que comeza a se rodar esta primavera. Peter Chernin, Dylan Clarke, Amanda Silver e Rick Jaffa son os produtores.