Daniel Radcliffe será Igor en Frankenstein

0
271

O antigo Harry Potter, Daniel Radcliffe, está en negociacións finais coa 20th Century Fox e a Davis Entertainment para protagonizar unha nova versión do filme Frankenstein, pero no papel de Igor.

Baseada nun guión de Max Landis (Chronicle), esta adaptación é un xiro de ciéncia-ficción sobre a novela orixinal de Mary Shelley, escrita a primeiros do século XIX sobre unha criatura producida grazas a un experimento científico.

O habitual director da série de TV Sherlock Paul McGuigan será o encargado de realizar este filme, que conta coa produción de John Davis. A rodaxe escomezará en outono.

O persoaxe de Radcliffe descríbe-se coma un ser patolóxicamente suxo e vestido con roupas veilas de pallaso. O seu nome xa apareceu vencellado a este proxecto en setembro do ano pasado.