Mikael Hafstrom dirixirá os Túneis

0
212

Mikael Hafstrom (1408, The Rite) será o director dunha adaptación ao cinema da novela de aventuras e fantasía para adolescentes de Roderick Gordon e Brian Williams Tunnels para a Relativity Media.

A novela, que é a primeira dunha série de seis tomos, está ambientada baixo as rúas de Londres, onde dous adolescentes descubren un mundo que necesita desesperadamente a un heroe que o salve.

Canto mais profundo van, mais se achegan a desenterrar a un poder maléfico que podería destruír o mundo da superfície.

Andrew Lobel está a adaptar o guión, facéndo-se cargo dun guión que escribiran previamente Joel Bergvall e Simon Sandquist. Ryan Kavanaugh, Mark Canton, Neil Canton e Danny Davids son os produtores.