Tim Miller será o director de Artemis

0
218

O artista de efectos especiais Tim Miller será con case total probabilidade o novo director do thriller de ciéncia-ficción Artemis que producirá a 20th Century Fox.

Andrew Lobel (Tunnels) escribirá o guión do que polo de agora descíbe-se coma un “thriller de acción contida ambientado no espazo exterior“.

Polo momento non se coñecen mais detalles á parte de que John Davis será o produtor. O nome de Miller vencellou-se no pasado a vários proxectos, entre os que se inclúe o longamente agardado filme da Fox Deadpool.

Miller creou os perturbadores títulos de crédito da secuencia inicial do filme de David Fincher The Girl with the Dragon Tattoo e dirixiu o tráiler de Halo 4 o ano pasado, que produciu o mesmo Fincher.