O Hobbit pasa dos mil millóns

957

Bilbo Bulseiro ven de se embulsar o seu primeiro anaco do tesouro: mil millóns de dólares. O filme de Peter Jackson The Hobbit: An Unexpected Journey sobrepasou hai uns días a barreira dos mil millóns de dólares de recadación en todo o mundo.

A cifra acadou-se grazas ao seu excelente debut nas carteleiras chinesas, onde mália que levaba semanas pirateado e coma todos os filmes estranxeiros á penas conta con salas de estrea, fixo 37 millóns nos seus primeiros dez días. Con todo, é nos Estados Unidos onde a recadación é mais alta, cun total do 70% do importe absoluto.

Polo de agora, esta cifra colócao soma o segundo filme con mais recadación da saga de Tolkien no cinema, só por atrás de The Lord of the Rings: The Return of the King. E ainda que se estreou en decembro, é xa o cuarto filme con mais recadación de 2012, por atrás de Marvel’s The Avengers, Skyfall e The Dark Knight Rises.