A SyFy dá luz verde a Helix

0
249

A canle SyFy television anunciou oficialmente que ven de aprobar o seu proxcto Helix, unha nova série creada polo showrunner de Battlestar Galactica, Ronald D. Moore. O anúncio confirmou asemade os rumores que indicaban que Moore estaba vencellado dalgún xeito a un novo proxecto, ainda que a canle ainda ten que dar a coñecer a data de estrea, que polo de agora só deixaron nun lacónico “a finais deste ano“.

Nunha rolda de prensa, a SyFy describiu Helix (que só é un título provisório) coma “un thriller intenso” sobre unha equipa de científicos do Centro de Control de Enfermidades de Atlanta. Após de seren enviados ao Ártico para investigaren unha posíbel vaga mortal, verán-se atrapados nunha lea ainda mais apocalíptica e deberán enfrontar-se a nha loita que decidirá a salvación da humanidade ou a súa total extinción.

Polo de agora non se dixo nin unha palabra sobre o cásting, se ben os produtores contan con excelentes antecedentes. Xunto a Moore coma produtora executiva estará Lynda Obst (Contact, 1997) e Steven Maeda (Lost, The X-Files).