Após de que lle preguntaran sobre un posíbel vencello co proxecto de filme de Hulk no que podería ser unha vez mais o encargado de lle dar vida ao monstro esmeralda, o actor Mark Ruffalo respondeu no seu Twitter:
“Moita xente preguntou-me sobre o vindeiro Hulk. A vindeira vez que vexades o meu Hulk será en Avengers 2. Non hai plans para un filme en solitário. Non vou renunciar a un filme en solitário de Hulk. Pero non está nos plans agora. Nunca sabes o que traerá o futuro“.
“Só por ser totalmente claro, non dixen que nunca vaia haber un filme solitário de Hulk. Dixen que non está agora nos plans“.
Joss Whedon tamén fixo algúns comentários sobre o persoaxe nunha recente entrevista, afirmando que é a “propiedade mais difícil de adaptar“:
“Sempre é sobre o equilíbrio. É un mnstro? É un heroe? Ides gostar dun protagonista que pasa todo o tempo tentando evitar que aconteza o motivo polo que ides ao cinema? Sempre é un baile.
Non coido que os dous primeiros filmes o bordaran, pero non lles envexo a tarefa. Foi mais doado te-lo nun grupo que construír todo ao seu redor. Non coido que houbera ningún problema ter un filme só con Banner, mesmo se tamén estivera Hulk.
Pero se fóra Hulk todo o tempo coido que Mark diría ‘eló porqué estou eu aquí?’ e eu estaría menos inclinado a facer unha história na que Hulk sexa sempre Hulk“.