Nic Cage non quere facer mais Ghost Rider

0
260

O filme do ano pasado Ghost Rider: Spirit of Vengeance recadou unha escasos 132 millóns de dólares en todo o mundo. Ainda que o orzamento de rodaxe foi de 57 millóns, o benefício non semella ser abondo coma para que a Sony Pictures queira correr o risco dunha terceira parte.

Pola súa banda, Nicolas Cage dixo que se se fai outro filme de Ghost Rider, el non estará nel:

Coido que o barco xa partiu. Alomenos no que respeita á miña participación. Fixen o que fixen con esa parte. Nunca podes dicir nunca, pero agora mesmo, hoxe, eu diría que eu rematei“.

De feito, Cage revelou que lle parecería interesante que fixeran unha Ghost Rider feminina, un rumor do que se leva falando algún tempo nos despachos da Sony, que estes días está a sofrir unha demanda por parte dun dobre que resultou ferido nunha promoción do DVD do filme que saiu mal.