A Paramount Pictures e mais a Warner Bros. Pictures asociarán-se para coproduciren e distribuiren conxuntamente o novo filme de Christopher Nolan, Interstellar. Esta película suporá o regreso á cadeira de director de Nolan aós do seu grande éxito do ano pasado, The Dark Knight Rises.
O proxecto Interestellar é polo de agora alto segredo, tan só se sabe que é un filme de ciéncia-ficción e que será estreado en salas IMAX o 7 de novembro de 2014. A história semella ir sobre unha heróica viaxe interestelar para chegar aos confíns do noso coñecemento científico.
Jonathan Nolan escribiu o guión, que producirán Emma Thomas e Lynda Obst. Christopher Nolan será o director e produtor e ademais encargará-se de pulir o guión.