Bó comezo para Plutón BRB Nero

0
191

A segunda cadea de TVE (La 2) estreou anoite a série Plutón BRB Nero cun seguemento do 5,8%. Un total de 844.000 espectadores viron o capítulo El origen de Roswell. A série logrou superar a média diária de La 2. Antes, as reposicións de Perdidos tiveron que se conformaren con médias do 3% (552.000) e do 3,5% (624.000).