Oz o Poderoso terá secuela

877

Mália que as críticas van entre o moderado e o negativo, o novo filme de alto orzamento da Disney recentemente estreado Oz: The Great and Powerful chegou xa aos 90 millóns de dólares de recadación nos Estados Unidos esta pasada fin de semana.

Os estudos confían en que será posíbel facer unha secuela tal e coma tiñan planeado dende o comezo e xa contrataron a  Mitchell Kapner (The Whole Nine Yards, Romeo Must Die) para que escriba a continuación das aventuras do persoaxe interpretado por James Franco, Oscar ‘Oz’ Diggs.

Kapner é o autor do concepto, as ideias e mais os bocetos orixinais desta história orixinal pero baseada nos clásicos libros sobre o meigo de Oz escritos por L. Frank Baum. David Lindsay-Abaire chegou posteriormente para refacer os guións.

O filme en si mesmo deixa moito espazo entre o seu remate e o comezo do clásico The Wonderful Wizard of Oz cando  Dorothy chega ao país máxico.

Agárda-se que Joe Roth regrese coma produtor.