Aaron Eckhart úne-se aos Diverxentes

949

Aaron Eckhart (The Dark Knight), Ray Stevenson (Rome), Miles Teller (21 and Over) e mais Theo James (Golden Boy) son as novas incorporacións que veñen de chegar para se incorporaren ao reparto da adaptación ao cinema da novela distópica para adolescentes de Veronica Roth Divergent que prepara a Summit Entertainment.

A história está ambientada nunha sociedade dividida en cinco faccións que representan cadansúa particular virtude: honradez, altruísmo, valor, acougo e intelixéncia.

Unha vez ao ano, os rapaces de 16 anos deben elixir a que facción queren unir-se para o resto das súas vidas. Nese intre, un rapaz e mais unha rapaza deciden rebelar-se contra o sistema e descubren un conflito que ameaza con desenlear esta aparentemente perfecta sociedade.

Shailene Woodley, Jai Courtney, Kate Winslet, Ansel Elgort, Zoe Kravitz e Maggie Q son os outros actores que polo de agora xa asinaron para protagonizar este filme, que será dirixido por Neil Burger.

Doug Wick, Lucy Fisher e Pouya Shahbazian son os produtores. A película ten pervista a súa estrea para o 21 de marzo de 2014.