Colin Trevorrow dirixirá Jurassic Park IV

0
229

Nun movemento que poucos agardaban após de desenfreados rumores da semana pasada, o realziador independente Colin Trevorrow ven de ser oficialmente confirmado para dirixir a cuarta entrega da franquía do parque Xurásico na Universal Pictures e mais a Amblin Entertainment.

Para un proxecto do tamaño e mais o orzamento desta saga, a elección de Trevorrow semella algo abondo arriscado, pero por outra banda, o mesmo director recoñeceu ser un fan da franquía, e conta ao seu favor cun filme de viaxes no tempo, Safety Not Guaranteed.

Hai un pouco meses, o nome de Trevorrow fora mesmo vencellado para o episódio VII da Guerra das Galáxias, e xa daquela soaba coma unha aposta dos estudos para se encargar dun proxecto de alto orzmento. O que resultou ser este.

Steven Spielberg regresará en todo caso coma produtor executivi, mentres ca Frank Marshall e Patrick Crowley serán os produtores.