Del Toro quere ódio

989

Guillermo del ToroDespóis do éxito internacional de O labirinto de Pan, o director e produtor mexicano Guillermo del Toro vive o seu intre máis dóce. Á sua intención de adaptar Nas montañas da loucura, baseado na novela de H.P. Lovecraft, súma-se agora o proxecto de levar á pantalla grande Haters, unha novela de David Moody.

Hater, en singular, é o título orixinal da novela, un thriller de terror e fantasía. Dentro do contexto da ficción da narración, é o termo que utilizan os médios de comunicación para denominar a aqueles cidadáns que caen presas duns ataques de raiba tan furibundos que, sen ningunha explicación ou motivo, condúce-lles a agredir a toda persoa que se cruce con eles. Un andazo que semella espallar-se sen remedo e ameaza con adquirir proporcións catastróficas. Axiña, as vítimas e agresores comezarán a se confundiren e calquera pode converter-se nun dos infectados, sen importar a idade, o sexo, a condición, raza ou cultura.


O autor do libro, David Moody, tamén escribiu unha colección de cinco relatos que, baixo o título de Autumn, tratan sobre zombies. E Hater ten coma unha das frases de promoción contundentes: “Ódia ou sé odiado“.

Del Toro conta co auspício da produtora Universal Pictures para desenvolver Haters, que podería ser o seu seguinte traballo unha vez rematada a longa posprodución de Hellboy 2: The Golden Army, protagonizada de novo por Ron Perlman e Selma Blair. Ainda que os proxectos xa se lle acumulan, coma 3993, o peche da súa triloxía sobre a guerra civil española.