Aronofsky producirá a novela Nexus

0
229

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela de ciéncia-ficción e control mental de 2012 do escritor debutante Ramez Naam Nexus.

Ambientada no ano 2040, a história vai sobre un xoven experto que se converte na primeira persoa que inventa software que pode controlar a mente a través de nanotecnoloxía. Pero axiña verá-se no médio dunha batalla internacional por controlar a nova tecnoloxía, perseguido por axentes do governo que queren engadir as súas própias melloras ao software.

Ari Handel (Noah) e Mark Heyman (Black Swan) están a negociar a súa contratación para adaptar o guión á pantalla grande. Darren Aronofsky, Cale Boyter, Scott Franklin e Mary Parent serán os produtores.