Orci e Kurtzman viaxan na Sagittarius A

0
232

A Universal Pictures fíxo-se cos dereitos sobre un guión titulado Sagittarius A orixinal de Roberto Orci, Alex Kurtzman, e Stephen Karczynski.

Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre o argumento, que Roberto Orci e mais Kurtzman (Transformers, Star Trek) desenvolveron xunto a Karczynski, o encargado de escribir o guión.

Orci e Kurtzman serán os produtores. Karczynski foi anteriormente o autor do guión da adaptación ao cinema do videoxogo Dark Void, e ademais foi o escritor do guión The Umbra, que non chegou a se producir.