O director de Monsters vs. Aliens e Gulliver’s Travels, Rob Letterman, está en conversas para se encargar da adaptación con actores reais da série de contos de medo para nenos Goosebumps para a Sony Pictures e a Original Films.
A altamente exitosa série orixinal do escritor R.L. Stine contén mais de 50 libros que decote homenaxean aos filmes clásicos de terror e ciéncia-ficción. Após de se facer cos dereitos da série de libros en 2008, a Sony contratou a numerosos guionistas para tentar adaptar a propiedade pero sen moito éxito polo de agora.
Neal Moritz e Deborah Forte son os produtores. O proxecto constituiría a primeira entrega dunha saga, que os estudos queren converter nunha franquía de éxito ao longo dos vindeiros anos. A saga Goosebumps (coñecida en España coma Pesadillas) vendeu xa mais de 300 millóns de cópias en todo o mundo.