O guionista de 28 Days Later e Dredd, Alex Garland, fará o seu debut coma director no thriller de ciéncia-ficción orixinal Ex machina, que conta cun orzamento de 15 millóns de dólares na DNA Films.
A história céntra-se nun programador billonário que escolle a un xoven empregado para pasar unha semana nunha casa afastada e participar nun test para a súa última invención: un robot intelixente feminino.
Eli Bush, Andrew Macdonald, Allon Reich e Scott Rudin serán os produtores deste filme, que ten previsto escomezar a se rodar a comezos de outono.
Mália a semalanza no título, este filme non está relacionado de ningún xeito co cómic de Brian K. Vaughan.