Tom Cruise, o novo axente da U.N.C.L.E.

0
246

Tom Cruise está a negociar a súa participación coma protagonista do filme de Guy Ritchie The Man From U.N.C.L.E. que adaptará a famosa série de televisión para a Warner Bros. Pictures.

A série orixinal dos anos 60 vai sobre as aventuras de dous axentes secretos, o americano Napoleon Solo e mais o ruso Ilya Kuryakin, quen traballan para unha organización de espionaxe internacional chamada U.N.C.L.E. O grupo loita contra as malvadas maquinacións dunha axéncia rival chamada THRUSH.

Ritchie e mais o produtor Lionel Wigram fixéron-se co control do proxecto cando o director e mais o protagonista anteriormente vencellados ao mesmo, George Clooney e Steven Soderbergh, o abandoaron. Bradley Cooper tamén estivo algún tempo vencellado ao papel de Napoleon Solo.