Silver producirá a nova Fuga de New York

769

A Silver Pictures de Joel Silver e mais o StudioCanal van-se asociar para tentar sacar adiante o último esforzo por relanzar o clásico de ciéncia-cicción dos anos 80 de John Carpenter Escape From New York.

Kurt Russell protagonizou o filme orixinal de 1981 no papel do antiheroe dun só ollo Snake Plissken. Ambientado nun futuro próximo onde uns Estados Unidos totalitários decedironconverter a illa de Manhattan nunha prisión de máxima seguridade, Plissken recebe a misió nde rescatar ao Presidente americano, secuestrado alí dentro após de que o seu avión se estrela-se.

A New Line e mais a Warner Bros. Pictures levan tempo planeando un remake, para o que estuiveron vencellados coma directores Len Wiseman e Breck Eisner. Os nomes de Gerard Butler, Jeremy Renner e Tom Hardy tamén soaron nun intre ou noutro coma protagonistas. Nombergantes, os estudos renunciaron finalmente e deixaron que as súas opcións caducasen hai un par de anos.

Agora os produtores Silver e Andrew Rona teñen plans ambiciosos, cunha versión nova e moi fresca que esperan que sexa a primeira dunha nova triloxía que conte a história dende as súas orixes.