Watanabe, o último de Godzilla

0
256

A rodaxe do filme en 3D Godzilla ven de escomezar en Vancouver, co relanzamento do monstroso persoaxe xa nas mans da Warner Bros. Pictures e a Legendary Pictures.

Ken Watanabe (Inception, Batman Begins) foi o derradeiro actor en se unir á rodaxe xusto un par de días antes de que escomezase. No reparto figuran ademáis os nomes de Aaron Taylor-Johnson, Elizabeth Olsen, Juliette Binoche, David Strathairn e Bryan Cranston.

Olsen interpretará á moza de Johnson e Cranston será o seu padrastro. Polo de agora non se coñecen mais detalles do argumento.

Gareth Edwards (Monsters) dirixe a partir dun guión de Max Borenstein, Frank Darabont e Dave Callahan. A estrea está prevista para o 16 de maio de 2014.