A Paramount planea outra Hansel & Gretel

892

A secuela do fracasado filme da Paramount Hansel & Gretel: Witch Hunters está xa en preparación, mália as súas pésimas críticas.

A película, dirixida por Tommy Wirkola, rodou-se cun orzamento de 50 millóns de dólares, recadando nos Estados unidos tan só 54. Nombergantes, nos mercados internacionais tivo mais éxito, e chegou aos 151 millóns, polo que o seu total de benefícios sitúa-se nos 206 millóns, abondo como para animas á produtora a unha nova aventura.

Polo de agora non se sabe se os protagonistas, Jeremy Renner e Gemma Arterton, regresarán nos seus papeis de cazadores de bruxas para a continuación. Will Ferrell, Adam McKay e Kevin Messick si que regresarán pero coma produtores.