A Netflix fará unha série de ciéncia-ficción

0
361

A Netflix, o servizo de suscripción de televisión por Internet que só funciona nos Estados Unidos, continúa a ofrecer cada día mais contido orixinal e ven de anunciar unha nova série de ciéncia-ficción, Sense8.

Prevista para finais de 2014, a série está desenvolvida polos irmáns Wachowski e por J. Michael Straczynski. Polo de agora non se coñecen mais detalles, pero o comunicado oficial promete unha história de “mentes globais unidas” e de “almas perseguidas” nunha primeira tempada que durará dez episódios.

Tal e coma aconteceu con outras producións orixinais da Netflix, coma House of Cards ou Arrested Development, a empresa confía na decisión dos seus espectadores para que decidan que programas queren apoiar. Segundo o xefe de contidos Ted Sarandos, “Andy e Lana Wachowski e mais Joe Straczynski están entre os guionistas mais imaxinativos e os narradores visuais mais dotados dos nosos tempos“.

Segundo manifestaron os creadores, agardan poder traballar xuntos unha década e esta ideia naceu dunha conversa nocturna sobre os xeitos que a tecnoloxía úne-nos e divíde-nos ao mesmo tempo.