Olatunde Osunsanmi dirixe Eden

0
251

Olatunde OsunsanmiO director Olatunde Osunsanmi (The Fourth Kind) será o encargado de realizar o filme de ciéncia-ficción Eden para a Gold Circle Productions. Ambientado nun mundo onde os áliens escravizaron á humanidade, os supervivintes seguen un sendeiro chamado “O Raíl” nun esforzo por chegaren a unha “cidade libre”. Osunsanmi dirixirá a partir dun guión de seu e Paul Brooks será o produtor.