Haberá terceira parte de G.I. Joe

0
230

O atraso de nove meses da secuela de G.I. Joe semella que foi unha xogada mestra para os estudos. Co lanzamento en simultáneo en todo o mundo durante as recentes festas de páscoa, Retaliation acadou nada menos ca 132 millóns de dólares só no seu primeiro día de exhibición.

De feito, na Paramount están tan entusiasmados que xa comezaron os plans para realizar unha terceira entrega da franquía. Ainda que as críticas da prensa foron bastante duras, semellan ser un pouco millor para Retaliation que para a súa predecesora, Rise of the Cobra.

O segundo filme tamén resultou millor en termos de orzamento, xa que contou con 130 millóns fronte aos 175 da primeira entrega. O feito de que hai unha versión en 3D sempre axuda nestes casos e así Retaliation acadou un 35% mais de cartos nos despachos de billetes no día da súa estrea.

De continuar nos mesmos termos durante o que lle resta de exhibición nas salas de cinema, Retaliation podería chegar doadamente aos 410 millóns de dólares, ou se cadra mesmo mais.