A Urco editora presentará este 12 de abril ás 19 horas as súas últimas novidades en fantasía, ciéncia-ficción e terror, e coma sempre, en galego. Velaquí os novos títulos que irán aparecendo ao longo deste ano:
O clan dos lupercos, de William Morris (Fantasía)
O anxo da revolución, de George Griffith (Ciencia Ficción)
Os botes do Glen Carrig, de William Hope-Hodgson (Gótica)
Fungos de Yuggoth, poemas impíos de H.P Lovecraft (Gótica, Biblioteca Lovecraft VI)
Ninguén Lembra, de Vanesa Santiago (Alcaián)
Contos de Soños e Sombras, de Ariza Piñeiro (Alcaián)
O libro Ninguén Lembra conta pola súa banda cun sítio Web de seu, creado pola súa autora e onde xa hai publicado un vídeo de presentación.
O acto da presentación celebrará-se na Biblioteca Pública Ánxel Casal, situada na rúa Xoan XXIII s/n, de Santiago de Compostela.