Chris Columbus regresa aos anos 80

0
280

Chris Columbus (Harry Potter 1 e 2) está a negociar a súa contratación coma director da adaptación ao cinema dunha curtametraxe orixinal do realziador francés Patrick Jean, Pixels, para a Sony Pictures e mais a Happy Madison.

A curta orixinal, que podedes ver baixo estas liñas, está protagonizada polos clásicos persoaxes dos videoxogos dos anos 80, coma Donkey Kong, Tetris, Space Invaders, Frogger ou Pac-Man atacando a cidade de New York e convertindo todo o que tocan en pixéis, até que o planeta enteiro se converte nun cadrado.

O estudo quere facer unha comédia ao xeito de Ghostbusters no que os persoaxes que saen dun videoxogo levan o caos ao mundo real.

Adam Sandler, Jack Giarraputo, Benjamin Darras, Johnny Alves e Matias Boucard son os produtores.

COMPARTIR
Artigo anterior
Seguinte artigoSuperman é xa rendíbel