Superman é xa rendíbel

0
256

Agora que Man of Steel está por se estrear nuns días (o 20 de xuño exactamente), o seu director Zack Snyder revelou algúns detalles que poderemos ver neste filme de relanzamento de Superman e do lugar que ocupará no universo DC, vencellando dalgún xeito a Batman e Superman, quen sabe se para algunha futura película.

De feito, o detalle é só un pequeno intre no que se ve o logo da Wayne Corporation nun satélite que destrúe o xeneral Zod. Snyder de todos os xeitos dixo que “Non sei se isto sinifica que Superman e Batman unirán-se. Todo é interesante neste punto. E non esquezades que Lex Luthor está aí fóra, facendo quen sabe o que“.

Por outra banda, o filme, que mália o seu esaxerado orzamento (ao redor dos 225 millóns de dólares) xa case acadou recuperar o seu investimento, e iso que ainda non se estreou. A Warners de feito recuperou xa case tres cuartas partes dese orzamento coa axuda de case cen parceiros que puxeron as súas marcas comerciais nalgún intre do filme e que deixaron un total de 170 millóns de dólares. Entre eles están Gillette, Mattel, Walmart, Fisher Price, Lego, Converse, Chrysler, Hershey, Nokia, Sears, Carl’s Jr., Roebuck & Co., Hardee, Kellogg, Kinetics, Warby Parker e mesmo a Garda Nacional do exército americano.

A devandita cifra supera o que recadou The Lorax o ano pasado polas mesmas canles ou os 150 millóns de The Dark Knight Rises. De feito, aǵarda-se que se unan mais parceiros internacionais durante esta semana, e mesmo para o lanzamento do filme en DVD que será dentro duns meses.