O primeiro fracaso de Will Smith

0
252

Will Smith ven de experimentar algo ao que non está acostumado: un fracaso no despacho de billetes, após de que na pasada fin de semana o filme de ciéncia-ficción que protagoniza canda seu fillo, After Earth, recadara moi por baixo das súas expectativas.

O día de estrea o filme só puido ser o terceiro con 26,5 millóns de dólares, case 13 por baixo do que agardaban os estudos, e a metade do que fixo outro filme semellante, Oblivion, neste caso protagonizado por Tom Cruise, o mes pasado.

A falla de interese do público non foi unha sorpresa moi grande, xa que as críticas iniciais consideraban que esta longametraxe está ao nivel do que M. Night Shyamalan fixo con The Last Airbender. De feito, nun artigo na revista Vulture insinúa-se que o filme por completo é unha carta de amor de Smith pola Ciencioloxía.

Cun orzamento de 130 millóns de dólares, a longametraxe deberá agora obter unha mas ca excelente recadación no mercado internacional se non quere ser considerada o fracaso do ano.