O adéus do Doutor será no nadal

0
279

A BBC anunciou oficialmente que Matt Smith abandoará o seu papel do Doutor Who na série homónima da canle inglesa após de tres tempadas e catro anos facendo o papel. A aparición final de Smith será a finais deste ano nun par de especiais, de nadal e polo aniversário da série en novembro.

Matt Smith foi unha elección interesante para a undécima encarnación do doutor na tele, dándo-lle ao persoaxe unha fasquía mais extravagante e sinistra cós seus predecesores que dividiu á comunidade de fans dende o comezo. Pero por outra banda, Smith foi quen de atraer novos fans á série, especialmente fóra de Inglaterra, onde o persoaxe non fora nunca realmente popular.

Durante a súa etapa protagonizou algúns dos episódios mais salientábeis da saga, coma The Doctor’s Wife, The Eleventh Hour, Vincent and the Doctor, The Pandorica Opens/The Big Bang, The Impossible Astronaut/Day of the Moon, A Good Man Goes To War ou The Name of the Doctor.

A procura pola duodécima encarnación do Doutor Who tan só ven de escomezar e probábelmente revelará-se antes do especial aniversário.