Green escribe o guión de Blade Runner

0
280

O guionista de Green Lantern e creador de Kings, Michael Green, está en negociacións para levar a cabo unha reescritura do libreto da secuela de Blade Runner de Ridley Scott que prepara a Alcon Entertainment.

Hampton Fancher, que adaptou o filme orixinal, escribiu os primeiros boceitos desta secuela que ten lugar uns anos despois dos acontecementos narrados na primeira parte.

Green completou recentemente o guión de Robopocalypse e o filme da Warners Bros Gods and Kings. Scott, Broderick Johnson, Andrew Kosove, Bud Yorkin e Cynthia Sikes Yorkin son os produtores.