Greutert e Blum teñen Visións

0
218

O director de Saw 3D, Kevin Greutert, e mais o produtor de Sinister Jason Blum unirán as súas forzas no thriller sobrenatural Visions baixo o selo Blumhouse Productions, propiedade deste último.

Lucas Sussman escribiu o guión que vai sobre unha muller preñada que se muda a unha casa nunha zona vinícola para estar xunto co seu home e o seu viñedo, unha mudanza que desatará terroríficas visións.

A história seica vai na liña de The Others e What Lies Beneath e a rodaxe escomezará este outono.