Roland Emmerich entra en Emerxéncia

888

A Centropolis Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema unha ideia de ciéncia-ficción orixinal de Nic Kelman titulada Emergence e que o realizador alemán Roland Emmerich (2012, Independence Day) planea dirixir.

A história seica vai sobre unha invasión alieníxena que contén moitos elementos polémicos de ciéncia-ficción. Agárda-se que Emmerich tratará esta ideia do mesmo xeito cós seus outros proxectos, ou sexa, ao grande.

Nombergantes, antes de escomezar con este, Emmerich conta con outros proxectos ainda sen rematar e que poden ter preferéncia, entre eles Singularity e a tantas veces agardada secuela de Independence Day.