A proba de Charbonneau, na Paramount

0
212

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira novela de Joelle Charbonneau, The Testing.

A história está ambientadas nuns Estados Unidos que deben ser reconstruídos após de desastres naturais e unha guerra biolóxica.

A acción enfóca-se nunha rapaza de 16 anos chamada Malencia Vale que é elixida para A Proba, un programa do Governo que fai posíbel a existencia de futuros líderes nesta civilización que se vai recuperando moi amodo após da guerra.

O seu pai non puido superar a proba cando era mozo e ainda sofre pesadelos por iso. Armada coas adverténcias de seu pai, a rapaza diríxe-se valentemente a Tosu City para comezar o proceso.

Polo de agora non hai ningún produtor vencellado ao proxecto. A obra aínda non foi publicada pero xa aparece na lista dos dez mellores libros para adolescentes deste verán do xornal USA Today.