R’Ha, ciéncia-ficción sen seres humanos

0
227

O produtor da franquía de Star Wars Rick McCallum e mais o produtor da série de televisión Star Wars: The Clone Wars Steve Tzirlin unirán-se nun novo proxecto titulado R’Ha.

A longametraxe de grande escala será unha extensión da recente curtometraxe orixinal de Kaleb Lechowski e que pdoedes ver baixo estas liñas. O mesmo Lechowski será o director da versión longa.

A história vai sobre unha espécie alieníxena que tenta defender un clúster de sistemas solares dun ameazador ataque. Neste filme non hai ningún humano.

O creador orixinal da série de televisión inglesa Life on Mars, Matthew Graham, semella o elixido para escribir o guión, que contará coa produción da IAM Entertainment e Scott Glassgold.

O obxectivo é facer un filme europeo usando as instalacións da VFX ao longo de toda Europa central e do leste e en Ásia, para poder crear un filme a grande escala cun orzamento razonábel.