Archie contra os zombis

0
250

A Warner Bros. Pictures ven de pechar un acordo polo que adaptarán con acción real o clásico cómic Archie ao cinema, pero se cadra cun xiro inesperado: con zombis.

O guionista de Glee e de Carrie, Roberto Aguirre-Sacasa, está a escribir o guión. Aguirre-Sacasa está familiarizado con este material, xa que a comezos deste ano asinou o contrato para escribir o guión de Afterlife With Archie, unha nova líña argumental do clásico persoaxe de cómic que conta como os persoaxes están atrapados nunha apocalipse zombi.

Polo de agora non se sabe se ese será o xeito de se achegar ao persoaxe ou se será algo mais tradicional, pero o que é seguro é que o director de Pitch Perfect, Jason Moore, será o encargado deste proxecto, que producirán Roy Lee e Dan Lin.