Catro novos actores para Os Restos

0
259

Carrie Coon, Christopher Eccleston, Ann Dowd e Amanda Warren son os novos membros do reparto que se une á série de Damon Lindelof The Leftovers (Os Restantes), que adapta unha ideia orixinal dun libro de Tom Perrotta para a canle HBO.

A história ten lugar xusto despois do Arrebatamento, un acontecemento no que segundo a mitoloxía cristián Deus levará-se aos bós ao seu paradiso, deixando abandoados na Terra  aos que non mereceron ir con el. A série narra o que aconteceu en Mapleton, unha pequena vila suburbán cun grupo de xente que agora deberá vivir no caos. Justin Theroux lidera o reparto no papel dun policía que tenta manter o orde nun mundo onde xa non fican bós cristiáns.

Coon interpretará a unha muller que de súpeto fica sen o seu home e mais o seu fillo; Eccleston é un antigo cura, agora traballando coma editor dun xornal amarelo; Dowd é o líder dun grupo relixioso que non adoraba ao deus axeitado, e Warren será o alcalde da vila.