Precuela para Eu Son Lenda

0
205

Will SmithO persoaxe do científico que interpretou Will Smith no éxito do ano pasado Eu Son Lenda regresará á pantalla grande en forma de precuela, que tamén protagonizará Smith.

O plan da Warner é que Smith to repita o seu papel do científico Robert Neville, con Francis Lawrence tamén regresando coma director. Akiva Goldsman e mais o seu selo Weed Road producirán xunto a James Lassiter, o parceiro de Smith na Overbrook Entertainment.

Os estudos veñen de contratar a D.B. Weiss para que escriba un guión que estea baseado nun esbozo con moitos detalles que veñen perfilando nos últimos meses Smith, Goldsman, Lassiter e Lawrence.

A precuela narrará os derradeiros días da humanidade en New York antes de que un virus creado polo ser humano ocasione unha plaga que convirte ao persoaxe de Smith no único supervivinte humanos entre unha chusma de seres mutados que povoan a cidade.

Facer unha precuela era o único xeito de extender unha franquía que recadou 584 millóns de dólares en todo o mundo para a Warner Bros. e ao mesmo tempo manter a Smith no papel de protagonista, xa que o seu persoaxe é asasinado no primeiro filme, após de extraer unha cura para o virus dos supervivintes espallados.

Arestora Weiss está a escribir a adaptación do libro de Neil Strauss The Game para a Spyglass Entertainment e asemade está a traballar nun proxecto para a Relativity, titulado Kashmir.