Aaron Taylor-Johnson será o Quicksilver

0
210

Aaron Taylor-Johnson (Kick Ass) está en conversas para se facer co papel de Quicksilver na vindeira secuela dos Vingadores que está a preparar Joss Whedon para a Marvel Studios.

Polo de agora non se coñecen detalles da trama, pero para os estudos a máxima prioridade é atopar quen se faga cos papéis da Bruxa Escarlata e de Quicksilver, xa que o resto do reparto (agás Robert Downey Jr.) xa asinaron para regresar aos seus papéis.

Quicksilver é o equivalente no universo Marvel ao Flash da DC. Nos cómics tamén é o fillo de Magneto, pero seica polo de agora esa parte non será incorporada ao guión da película.

No filme de Bryan Singer X-Men: Days of Future Past, Evan Peters (American Horror Story) fai este mesmo papel.