Boas perspectivas para Man of Steel

0
260

As primeiras “previews” para a prensa especializada do novo filme de Superman,  Man of Steel, resultaron ser bastante esperanzadoras, especialmente entre os críticos mais fans do persoaxe, pero un pouco menos entusiastas entre a prensa non especializada.

O primeiro día chegaron 32 críticas no sítio Web Rotten Tomatoes, que outorgaron un 72% de aprobación ao filme. A calificación média, un 7.5, foi de feito unha das millores do ano, xunto con Star Trek Into Darkness, que é a que millores críticas acadou polo de agora.

No esixente sítio Web Metacritic, o filme acadou un 63%, o que lle fixo unir-se a Spring Breakers e Les Miserables no seu ránking, por riba doutros coma Iron Man 3 ou Fast and Furious 6.

As reaccións foron moito mais positivas cando se refiren aos efectos especiais e ao deseño de produción, mentres que o tón negativo aumenta cando se trata de falar da lentitude do argumento ou da contínua seriedade do filme.

Mentres tanto, e co filme á penas estreado hai dous días, a Warner Bros Pictures xa está oficialmente a falar da secuela, que contemplará o regreso da parella de Zack Snyder e David S. Goyer coma director e guionista respectivamente.