Kelly Marcel escribirá The Little Mermaid

0
197

A guionista Kelly Marcel ven de chegar a bordo de The Little Mermaid, un filme que adaptará a clásica fábula da Sereíña de Hans Christian Andersen ao cinema con actores reais baixo a dirección de Joe Wright.

Marcel ven de acadar un grande éxito de crítica co seu guión do filme Saving Mr. Banks, que trata de como foi realizado o filme Mary Poppins. Nestes intres atópa-se tentando adaptar ao cinema o libro porno supervendas de E.L. James 50 Shades Of Grey.

Abi Morgan (Shame) fora quen estivo traballando no guión até agora. Tim Bevan e mais Eric Fellner serán os produtores.