Schwarzenegger quere regresar a Terminator

843

Aínda que algúns médios informaron que Arnold Schwarzenegger volverá á franquía de Terminator para a sua quinta entrega, cuxa rodaxe escomenzará en xaneiro, o certo é que o actor americano tan só confirmou mais ou menos a información dicindo que estará presente na película: “Sínto-me moi orgulloso delo. Estou contento e desexando rodar esas películas“, indicou nun acto celebrado en Perth (Austrália) e referíndo-se asemade a Conan e Twins.

Schwarzenegger xa leva vencellado ao proxecto dende maio de 2011, cando Megan Ellison pagou 20 millóns de dólares (14,9 millones de euros) por tomar o control sobre a franquía do famoso androide do futuro.

Pola súa banda, a Paramount Pictures está en negociacións para se facer cos dereitos para distribuir o filme da Annapurna Pictures e mais a Skydance Productions.

Estas son de feito as únicas novas oficiais dende que en xaneiro Laeta Kalogridis (Avatar) e Patrick Lussier (Drive Angry) foran contratados para escribir o guión da quinta entrega da saga.