Tracey Ullman tamén cantará nos bosques

0
252

A actriz cómica americana Tracey Ullman está en negociacións para entrar no reparto da adaptación musical de Into the Woods, que rodará Rob Marshall para a Disney Pictures.

A história vai sobre un panadeiro sen fillos e mais a sua esposa (Emily Blunt), que tentan ceibar-se dunha maldición familiar que os obriga a viaxar polos bosques para se enfrontaren á bruxa que os enmeigou. No seu camiño atoparán a moitos persoaxes dos clásicos contos de fadas.

Ullman fará o papel da nai de Jack o Mataxigantes. Meryl Streep, Johnny Depp, Chris Pine e Jake Gyllenhaal son os outros actores que están negociando a súa incorporación a este proxecto.