Paglen tentará amañar o Prometheus 2

0
241

Jack Paglen ven de ser contratado para escribir o guión da secuela do fracasado filme de Ridley Scott Prometheus.

O nome de Paglen estivera anteriormente vencellado a este proxecto, pero só esta semana Scott aceptou finalmente contrata-lo para a segunda parte do filme que foi a meirande decepción do ano pasado. As negociacións sobre o seu soldo aínda non están pechadas, pero Paglen xa aceptou comezar a escribir a súa versión.

Paglen substitúe asemade a Damon Lindelof, o autor do guión da primeira entrega, que recadara 403 millóns de dólares nos despachos de billetes. Agárda-se que esta secuela marque distáncias con respecto aos elementos relacionados con Alien que apareceron no primeiro filme.

Paglen é o autor do guión de Transcendence, o filme que será o debut na dirección do director de fotografía de The Dark Knight, Wally Pfister. Este filme está protagonizado por Johnny Depp, Paul Bettany, Rebecca Hall e Morgan Freeman.