Reynolds renúncia a ser inmortal

0
270

Ryan Reynolds ven de abandoar oficialmente o proxecto do relanzamento da franquía de Highlander que prepara a Summit Entertainment.

Este anúncio chega despois de que o cineasta español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later) abandoase asemade o proxecto no pasado mes de novembro após de pasar mais dun ano traballando no mesmo. Justin Lin (Fast Five) fora o primeiro director cuxo nome foi asociado a este filme.

Reynolds ía interpretar ao inmortal espadachín escocés Connor MacLeod nesta nova versión do filme de culto de 1986 que protagonizaron Christopher Lambert e Sean Connery e que deu orixe a unha saga de catro películas.

Mália que agora está sen director e sen protagonista, o filme segue adiante, pero non sen problemas. Art Marcum, Matt Holloway, Noah Oppenheim e Melissa Rosenberg son os anteriores guionistas que traballaran no proxecto, que está producido por Neal Moritz e Peter Davis.