Mary Jane, fóra de Amazing Spider-Man 2

0
258

Aínda que as súas esceas estaban xa filmadas e gravadas, ven de se dar a coñecer que a actriz Shailene Woodley foi eliminada da versión definitiva da vindeira The Amazing Spider-Man 2.

O seu persoaxe, o da habitual moza de Peter Parker, Mary Jane Watson, ía contar cunha pequena aparición no filme que axudaría a lle introducir para a terceira entrega. Agora, após de conceder unha entrevista no decurso da súa xira de promoción do filme Divergent, Woodley recoñeceu que as súas escenas non aparecerán na pantalla.

Por suposto que estou amolada. Pero son unha firme crente de que todo acontece por un motivo específico… Baseándonos no argumento proposto, comprendo perfectamente a necesidade de deixar fóra a presentación de Mary Jane até o seguinte filme“.

O que polo de agora non se sabe é se as escenas de Woodley serán utilizadas no seguinte filme o simplemente serán rexeitadas definitivamente.