O Parque Xurásico regresará en 2015

0
236

Aínda que era algo xa agardado, ainda non era oficial até agora: a cuarta entrega de Parque Xurásico chegará ás salas de cinema no verán de 2015.

Orixinamente proposta para xuño de 2014, o proxecto foi adiado por mor de problemas no seu guión, por non mencionar o feito de que a data estaba demasiado preto. Esta semana deu-se a coñecer un novo póster coa nova data de estrea no decurso dunha convención en Las Vegas.

Asemade confirmou-se que o produtor executivo do filme, Steven Spielberg, está a traballar arreo cos produtores e co director Colin Trevorrow no guión antes de pasar á fase de pre-produción do seu seguinte proxecto no cinema, American Sniper.