Bayona dirixirá a série de Penny Dreadful

0
237

O realizador español de filmes coma The Impossible e O Orfanato, Juan Antonio Bayona, será o encargado de dirixir os primeiros dous episódios da vindeira série de televisión psico-sexual con mostros Penny Dreadful na canle Showtime.

A série, que contará con oito episódios, será un programa ambientado na época vitorián e centrará-se ao redor dos monstros mais famosos da Literatura: Drácula, Frankenstein, Dorian Gray e combinará as súas clásicas histórias de terror mentres tratan de indagar na súa persoalidade coma monstros alienados e psicópatas.

John Logan (Skyfall) será o guionista e produtor executivo xunto a Sam Mendes e Pippa Harris. A rodaxe escomezará este outono en Londres.