A Warner Bros ven de contratar a Ken Levine, o creador da franquía de videoxogos de Bioshock, para que escriba o guión do remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1976 Logan’s Run. Jon Berg será o supervisor para os estudos.
Levine escomezou a súa carreira coma guionista e autor de obras de teatro antes de se converter nunha das figuras mais salientábeis do mundo dos videoxogos, e agora regresará á indústria do cinema porque A Fuga de Logan é un proxecto que lle apaixoa especialmente.
O filme de 1976 estaba baseado na novela homónima de 1967 escrita por William F. Nolan e George Clayton Johnson, e vai sobre unha sociedade distopica no ano 2116 onde todo mundo debe ser executado ao cumprir os 21 anos, co fin de controlar a superpovoación. aqueles que tentan fuxir ao seu destino son coñecidos coma “runners” (fugados). No filme de 1976 dirixido por Michael Anderson e protagonizado por Michael York no papel de Logan 5, a idade máxima é 30 anos e o escenário é unha Terra post-apocalíptica na que todos os humanos viven nunha cidade baixo unha enorme cúpula.
Os estudos levan moito tempo á procura dunha nova versión, para a que xa soaron nomes coma os de Bryan Singer, ou mais recentemente Nicolas Winding Refn e Ryan Gosling.
Levine continuará de todos os xeitos centrado na indústria dos videoxogos coma director creativo e cofundador da Irrational Game, a empresa que creou o superéxito Bioshock. A versión mais recente do xogo apareceu en marzo deste ano co título de BioShock Infinite e converteu-se decontado nun éxito inmediato.