Patricia Clarkson úne-se ao Labirinto

0
255

Patricia Clarkson unirá-se ao reparto do filme que adaptará á pantalla grande a novela de ciéncia-ficción para adolescentes  de James Dasher The Maze Runner na 20th Century Fox.

Dylan O’Brien interpreta a un mozo que esperta nun xigantesco labirinto sen recordos. Axiña atopa outros rapaces da súa idade que escomezan a formar unha sociedade.

Clarkson interpretará á enigmática Chanceleira Ava Paige, a muller que está a probar aos raaces neste mundo distópico para atopar aos millores guerreiros.

Wes Ball é o director desta produción que conta ademais coa participación de Kaya Scodelario, Thomas Brodie-Sangster, Ki Hong Lee, Aml Ameen, Will Poulter e Blake Cooper.